CRÓNICA #OKLiga (X21) | Un punto en Reus que puideron ser máis (3-3)

CRÓNICA #OKLiga (X21) | Un punto en Reus que puideron ser máis (3-3)

7 de marzo de 2026


Só un gol postreiro de Marc Julià evita que o Liceo, aínda líder destacado, sume de tres no Palau d’Esports.

A visita ó Palau d’Esports de Reus estivo a dous minutos de saldarse con triunfo. Non evitou que o Liceo completara un gran partido ante un gran rival, no que pasou prácticamente de todo. Finalmente rematou con táboas, que deixan ós de Juan Copa todavía como líderes con 51 puntos e unha vantaxe de cinco a falta de quince por disputarse.

A cousa empezou ben grazas á positiva nova do tanto de Fran Torres, estreándose na temporada. O Liceo poñíase por diante dentro dun escenario no que non estivo Dava Torres, baixa por precaución, e polo tanto cunha expedición de nove homes. A pesar do esforzo físico, a tarea defensiva coruñesa foi de notable.

Reparto de golpes sen un gañador

Ese 0-1 parcial non ía borrar de golpe a dificultade da proba. O recordatorio chegou do peor xeito posible: cunha remontada do Reus, que anotou grazas a Diego Rojas e Marc Julià. Pero tras unha, outra. Foi o momento da do Liceo, replicándoa con dianas de César e Nuno Paiva complementadas por un catálogo de paradas de Blai Roca.

Dava Torres non participou no encontro por precaución

o dobrete de Marc Julià evitou que o Liceo regresara a Galicia coa mochila chea. Foi no minuto 47 cando o veterano xogador local igualou a contenda, xusto despois de que Carles Casas errara unha falta directa.

Táboas e a mente do Liceo no dobre compromiso da semana: Sporting en Lisboa (Champions, xoves ás 21:30h de España) e Noia en Riazor (OK Liga, domingo ás 12:00h).

FICHA TÉCNICA

REUS: Nil Viña; Joan Salvat, Maxi Oruste, Marc Julià, Martí Casas (quinteto inicial), Pol Martínez, Diego Rojas, Carles Casas, Guillem Jansà e Martí Pallejà (meta suplente).

LICEO: Blai Roca, Nil Cervera, Arnau Xaus, César Carballeira, Nuno Paiva (quinteto inicial), Jacobo Copa, Bruno Saavedra, Fran Torres e Martín Rodríguez (meta suplente).

ÁRBITROS: Joel García e Jordi Reverter. Ensinaron o cartón azul a Diego Rojas no Reus e a Nil Cervera por parte do Liceo.

GOLES: 0-1 (Fran Torres, min. 11). 1-1 (Diego Rojas, min. 12). 2-1 (Marc Julià, min. 26). 2-2 (César Carballeira, min. 29). 2-3 (Nuno Paiva, min. 35). 3-3 (Marc Julià, min. 47).

RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Xornada 21 da Fase Regular. Palau d’Esports do Reus Deportiu.