2 de xaneiro de 2026
Os pases contan de novo con ata tres prezos diferentes dependendo da idade do afeccionado.
Novo ano e nova proba de Champions do Liceo, correspondente á xornada 4 de Fase de Grupos. Riazor engalanarase outra vez o vindeiro xoves 8 (20:30h) para recibir ó Bassano e as entradas para o encontro xa se atopan á venda de xeito online mediante a plataforma Cluber.
Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do asubío inicial (19:30h). O custo do pase será o mesmo independentemente da forma da que se merque e haberá tres diferentes, dependendo da idade do afeccionado:
- ADULTO: 7€
- MENOR DE 25 ANOS: 5€
- MENOR DE 15 ANOS: 3€
A modalidade de entrada revisarase á hora de acceder ó recinto. Non se permitirá a mesma en caso de non cadrar coa idade real da poseedora do pase.
Socios e abonados gratis
Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das dúas condicións descritas na imaxe desta nova. Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa).

