11 de decembro de 2025
O Liceo suma un punto máis no Grupo B e manténse en postos de clasificación para a Final 8.
O último partido de Champions do ano 2025 acabou en empate entre dous equipos verdibrancos. O Liceo e o Sporting de Portugal igualaron no Pazo dos Deportes de Riazor, resultado que mantén ós de Juan Copa en posicións de Final 8 cun total de catro puntos.
O nivel foi altísimo desde o principio, fiel ó seu contexto. Ambos equipos saíron con todo para golpear primeiro, motivo polo que os porteiros foron os primeiros grandes protagonistas. Tanto Blai Roca como Xano Edo evitaron tódolos intentos, e se non, sorría a fortuna. Foi o caso do meta do Sporting tras unha oportunidade manifesta de César Carballeira, que ó rematar dentro da área mandou a bóla alta co porteiro xa batido.
César golpeou primeiro
O dorsal 5 liceísta vengouse pouco despois ó estrear o marcador nunha xogada moi similar. Cazou outro proxectil, esta vez máis escorado, para mandalo ó fondo da rede e oficializar o 1-0 parcial. Riazor estoupou, aínda que os lusos subiron unha marcha. Non tocaba pecharse, pero tampouco confiarse defensivamente.
César e Toni adiantaron ó Liceo antes de que Romero e Bessa igualaran definitivamente o partido.
Rafael Bessa gozou dunha das dúas ocasións máis importantes para o conxunto de Edo Bosch no primeiro acto. O seu penalti foi detido por un colosal Blai Roca, responsable de novo dun gran partido. Tampouco terminou en empate un remate manifesto de Roc Pujadas, sen porteiro pero que petou no pau dereito.
Respondeu o Sporting
As novas non parecían senón mellorar cando Toni Pérez anotou o 2-0 nada máis regresar á pista de Riazor para o segundo acto. Ese foi o resultado parcial durante casi un cuarto de hora, polo menos ata que os de Lisboa conseguiron atopar os goles que levaban tempo buscando. O primeiro chegou mediante Nolito Romero de falta directa, froito da décima infracción liceísta.
Nesa mesma disciplina puido ampliar distancias o conxunto coruñés, pero Dava non logrou superar a un Xano Edo que continuou o seu bo nivel. Lamentablemente para os intereses dos de Riazor, Rafael Bessa aproveitou a tesitura e igualou a falta de tres minutos e medio para o final. Así rematou.
Finalizada a Champions por este 2025, aínda resta a OK Liga. A última proba de Fase Regular será de novo en Riazor o próximo domingo 14 ás 12:00h, co Lleida como rival. Só entón chegará o parón navideño.
FICHA TÉCNICA
LICEO: Blai Roca; Nil Cervera, César Carballeira, Dava Torres, Bruno Saavedra (quinteto inicial), Arnau Xaus, Nuno Paiva, Fran Torres, Toni Pérez e Martín Rodríguez (meta suplente).
SPORTING: Xano Edo; Rafael Bessa, Alessandro Verona, Facu Navarro, Gonzalo Romero (quinteto inicial), Diogo Barata, Roc Pujadas, Santiago Honório, Henrique Magalhães e Zé Diogo (meta suplente).
ÁRBITROS: Franco Ferrari e Massimiliano Carmazzi (Italia). Mostraron tarxeta azul ó local Dava Torres e ós visitantes Santiago Honório e Facundo Navarro.
GOLES: 1-0 (César Carballeira, min. 12). 2-0 (Toni Pérez, min. 27). 2-1 (Gonzalo Romero, min. 39). 2-2 (Rafael Bessa, min. 47).
RECINTO E INCIDENCIAS: WSE Champions League 25/26, Xornada 3 da Fase de Grupos. Pazo dos Deportes de Riazor.

