27 de setembro de 2025
Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O SHUM empata en Riazor a falta de poucos segundos e priva ó Liceo do seu primeiro triunfo.
O Hockey Club Liceo non puido lograr os primeiros tres puntos da temporada na súa estrea ligueira. Riazor rozounos coa punta dos dedos e acabou por recibir un golpe tan amargo como propenso a relativizarse.
A condición de recén ascendido do SHUM, parte da homenaxe rendida hoxe a Jordi Adroher, non influiu no que a inicio de xogo se refire. Logo sería outra cousa. Só pasaron dous minutos ata que Roger Presas deu o primeiro golpe encima da mesa: anotou o 0-1 superando a Blai Roca. Desafortunadamente para os intereses liceístas non foi a única mala nova do primeiro sector de encontro, posto que Aleix Domenech dobrou a vantaxe ó alcanzar os cinco (0-2).
O Liceo monopolizou os ataques do encontro
Quedaban todavía 45 minutos de xogo, suficientes para que puidera ocorrer de todo. Os xogadores de Juan Copa subiron marchas e empezaron a crear a rede na que se metería o SHUM durante o resto do partido, pendente dos ataques verdibrancos e de posibles contras. Bruno Saavedra recortou distancias no minuto 16 (1-2) para darlle algo máis de xustiza ó resultado parcial.



Remontada frustrada
Apareceu un pouco máis da mencionada cando César, nada máis regresar á pista tralo entreacto, aproveitou unha bóla morta na área para superar ó meta Jordi Pons e oficializar o 2-2. O Liceo era mellor, embotellando cada vez máis a un SHUM que se defendía con uñas e dentes. Toni Pérez foi material de pesadelos para os zagueiros visitantes, aínda que non contou con fortuna de cara a gol. Si aproveitou a súa ocasión o capitán Dava Torres, remontando co 3-2 no minuto 42 de acción.
A xarra de augua fría chegou cando Xavier Gurri, co SHUM atacando xa con cinco homes de pista, logrou enviar a bóla ó fondo da rede. Faltaban só 40 segundos. Terminou por reinar ese 3-3 e agora o Liceo céntrase na primeira visita ligueira: será a Cerdanyola o sábado 4 ás 20:00h.


FICHA TÉCNICA
LICEO: Blai Roca; César Carballeira, Dava Torres, Nuno Paiva, Toni Pérez (quinteto inicial), Nil Cervera, Arnau Xaus, Jacobo Copa, Bruno Saavedra, Iago Fouz (meta suplente).
SHUM: Jordi Pons; Aleix Domenech, Xavier Gurri, Roger Presas, Josep Hernández (quinteto inicial), Àlex Grau, Joan Picart, Sergi Pujol, Gerard Oviedo e Alex Rovira (meta suplente).
ÁRBITROS: Erik Rivas Martín e Jorge Carmena Ortega. Mostraron tarxeta amarela ó liceísta Bruno Saavedra.
GOLES: 0-1 (Roger Presas, min. 2). 0-2 (Aleix Domenech, min. 5). 1-2 (Bruno Saavedra, min. 16). 2-2 (César Carballeira, min. 26). 3-2 (Dava Torres, min. 42). 3-3 (Xavier Gurri, min. 50).
RECINTO E INCIDENCIAS: OK Liga 25/26, Xornada 1 da Fase Regular. Pazo dos Deportes de Riazor. 1.000 espectadores.

