A secretaría Xeral para o Deporte patrocina ao Coinasa Liceo
20/12/2011. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón lete Lasa, e o presidente do Hockey Club Liceo, Eduardo Lamas, asinaron hoxe o patrocinio coa entidade verdibranca. O Plan de patrocinio publicitario do equipo de alta competición de Galicia é unha iniciativa da Fundación Deporte Galego que se desenvolve por terceiro ano consecutivo en conta cun dobre obxectivo: por unha banda, difundir a actividade e a imaxe fundacional e da Comunidade Autónoma, e, por outra, a promoción do deporte de alta competición en Galicia. Os patrocinios asinados enmárcanse no Plan da Secretaria Xeral para o Deporte para a temporada 2011/12, que está dotado con máis de 2 millones de euros, beneficiará a un total de 65 clubs da comunidade.